Novas

venres, 03 de xaneiro de 2020

Xa está dispoñible a lista de nenos que participarán na tradicional Cabalgata de Reis Magos do día 5

Pode consultarse no Taboleiro de Anuncios da web do Concello de Ferrol


Xa está dispoñible a lista de nenos que participarán na tradicional Cabalgata de Reis Magos do día 5

Xa está dispoñible a lista de nenos que poderán participar na tradicional Cabalgata de Reis Magos do próximo domingo, que sairá da rúa Venezuela ás 18 horas e seguirá por Colombia, estrada de Castela, Praza de España, rúa María, Méndez Núñez, Real, Concepción Arenal e Praza de Galicia. Os Reis Magos recibirán aos nenos no Teatro Jofre. A relación de pequenos pode consultarse no Taboleiro de Anuncios da web do Concello de Ferrol. 


Un total de 70 pequenos de entre 6 e 12 años poderán acompañar as súas maxestades repartidos nas 10 carrozas da cabalgata, que xirará en torno ao mundo de Disney. A primeira estará orientada no circo de Dumbo, na segunda estará o Rei Melchor, a terceira lembrará aos personaxes do Rei León, a cuarta, o Mundo de Colores, será a encargada de repartir 2.600 agasallos aos nenos, desde a quinta saudará o Rei Gaspar, a sexta estará destinada ao mundo de Frozen e o Reino do Xeo, a sétima xirará en torno á historia de Aladín, na oitava desfilará o Rei Baltasar, na novena viaxarán os personaxes de Patrulla Canina e o Tren da Ilusión cos personaxes de Disney ocuparán a décima. Ademais a cabalgata contará co camión de Bombeiros, o do Arsenal e o do Carbón e repartiranse 3.100 kg de caramelos sen azucre ni glúten. 

Antes da saída, os Reis Magos visitarán aos nenos ingresados no hospital Arquitecto Marcide e aos maiores da residencia Mi Casa. Xa pola tarde, ás 17 horas, chegarán en barco ao porto de Curuxeiras e desprazaranse á rúa Venezuela, onde comezará a cabalgata. 

Reunión de Seguridade 
O concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, presidiu esta mañá a reunión de Seguridade da Cabalgata de Reis Magos na que se coordinaron todos os servicios do Concello de Ferrol co obxectivo de garantir o bo desenvolvemento da cita coas súas Maxestades os Reis. 

Mañá, cabalgata no rural 
A zona rural celebrará a súa Cabalgata de Reis Magos mañá sábado, 4 de xaneiro. Partirá ás 15.45 horas do estadio da Malata e pasará por Esmelle (16h), Marmancón (16.30h), Cobas (17h), San Jorge (17.35h), O Lago (18h), xunta veciñal (18.50h), Brión (19.25h), Valón (19.55h), Santa Cecilia (20.40h) e Mandiá (21.20h). A Cabalgata contará con tres carrozas e os Reis Magos estarán acompañados por varios paxes axudantes. Ademais, repartiranse máis de 100 quilos de caramelos. 



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar