Novas

venres, 03 de xaneiro de 2020

A terceira xornada da campaña municipal para combater o consumo de alcol e drogas entre mozos rexistra 65 intervencións en fin de ano

A concelleira Eva Martínez fai un balance “moi positivo” do programa e sinala que “queda demostrada a idoneidade” da iniciativa, posta en marcha en colaboración con Asfedro


O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, executou o pasado 31 de decembro a terceira  intervención da campaña “Educando no Lecer”, unha iniciativa que nace co obxectivo de combater o botellón e reducir o consumo de drogas entre os mozos. 

 
O programa, impulsado polo goberno local en colaboración con Asfedro (Asociación Ferrolana de Drogodependencias), contempla catro actuacións con motivo das festas de Nadal. A terceira delas, na rúa Magdalena, iniciouse ás 2 da mañá e rematou ás 5 horas. Rexistrou un total de 65 intervencións levadas a cabo entre os servizos de análise de substancias (12) e o subministro de información respecto aos riscos do consumo de drogas.
  
Foron varios educadores sociais e persoal voluntario os encargados de atender aos mozos que se achegaban á carpa. Destacan que foron moitas as persoas que manifestaron a súa sorpresa “ante un servicio tan novo en Ferrol”, segundo explicou a edil, e engadiu que os mozos “acolleron moi positivamente” a iniciativa do Concello. 

Martínez Montero apuntou que o número de intervencións rexistradas en fin de  ano é “moi importante” porque neste caso non repartíronse botellas de auga, petiscos e sacas de lixo, como si ocorreu nas anteriores sesións. Por tanto, “as 65 consultas estiveron centradas exclusivamente en analizar substancias e proporcionar información”. 

Repetirase no Cantón 
Por todo iso, a edil de Benestar Social fai un balance “moi positivo” do programa e sinala que “queda demostrada a idoneidade” da posta en marcha desta iniciativa, que se repetirá o 5 de xaneiro no Cantón.  Martínez Montero apunta que “estamos moi satisfeitos cos resultados”. O “éxito” da campaña pon de manifesto que a concellería de Benestar Social ten unha “importante demanda social” ante o que é un “problema moi serio, o consumo de drogas entre menores”. 
  
 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar