Novas

venres, 03 de xaneiro de 2020

Catro grupos dos locais de ensaio ofrecerán un concerto o luns día 6 na carpa instalada no Cantón

Actuarán Far Away Place, Host, Pot Eaters e Farrapos de Ghaita


O día de Reis terá lugar no Cantón a terceira edición do festival que ofrecen os grupos que utilizan os locais municipais de ensaio. Será no interior da carpa instalada para acoller as actividades de Nadal. Os concertos comezarán ás 20.00 horas. Ao escenario subiranse os membros das bandas Far Away Place (hard rock), Host (groove metal), Pot Eaters (stoner rock) e Farrapos de Ghaita (rock folk). E entrada é libre ata completar o aforo.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar