Novas

sábado, 04 de xaneiro de 2020

O alcalde e o edil de Festas acudiron hoxe á presentación do cartel da Semana Santa 2020

Ángel Mato sinalou que é unha cita que "sentimos como moi propio" e engadiu que "forma parte de nosa cultura e, por tanto, de nosa identidade colectiva"


O alcalde e o edil de Festas acudiron hoxe á presentación do cartel da Semana Santa 2020

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e o edil de Festas, Antonio Golpe, acudiron hoxe á presentación do cartel da Semana Santa 2020, que protagoniza unha imaxe do fotógrafo Roberto Marín da Santísima Virxe da Soidade cun deseño de Elisardo de la Cruz, de Empatía Comunicación. Estiveron presentes a xefa provincial de Turismo, Camino Triguera; o presidente da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades, César Carreño; o secretario, Fernando Iguacel, así como irmáns maiores e representantes das cinco confrarías e das bandas de música ligadas ao evento. O alcalde sinalou que a Semana Santa "é algo que sentimos como moi propio" e engadiu que "forma parte de nosa cultura e, por tanto, de nosa identidade colectiva". Mato tamén expresou o agradecemento do goberno local ao traballo "constante que as cofradías levan a cabo para manter esta celebración e mellorala".

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar