Novas

xoves, 09 de xaneiro de 2020

O Jofre acolle o sábado “Sueños de Arena”, un espectáculo gratuíto para toda a familia con piano en directo e circo

A actuación a cargo do pintor e debuxante Borja González foi programado nos mellores festivais españois e de países como Francia, Grecia, Portugal e Estados Unidos


O Jofre acolle o sábado “Sueños de Arena”, un espectáculo gratuíto para toda a familia con piano en directo e circo

O Teatro Jofre de Ferrol acolle o próximo sábado, día 11 de xaneiro ás 19.30 horas, “Sueños de Arena”, un espectáculo gratuíto para toda a familia a cargo do pintor e debuxante Borja González, que reunirá no escenario arte con area, actuacións de circo, marionetas de gran formato e música en directo a cargo do pianista Roc Sala. 


A actuación é da compañía Ytuquepintas e foi programado nos mellores festivais de España e tamén de Francia, Grecia, Portugal e Estados Unidos. No espectáculo“Sueños de Arena”, de 50 minutos de duración, e só coas súas propias mans e area sobre un vidro, Borja González narra o paso de dúas persoas no transcurso das súas vidas, desde os soños da infancia, as vivencias da madurez ata a visión real e retrospectiva que aporta a experiencia vivida. 

Tamén no Teatro Jofre terá lugar mañá venres, ás 20 horas, a presentación do libro-CD baixo o título “Paco Montero Canta a Lumieira de Carvalho Calero”. O artista, acompañado polo grupo musical Os Feriátricos e polas cantoras Belén e Buche, interpretarán 6 poemas de Carvalho Calero. As entradas xa poden retirarse no despacho de billetes do Jofre. 

Vídeo da promoción do espectáculo:  https://bit.ly/2uBFf6R

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar