Novas

xoves, 09 de xaneiro de 2020

O Concello elabora guías de recursos para persoas migrantes

Recolle direccións e teléfonos dos servicios básicos da cidade


 A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, deu conta esta mañá na comisión de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio Histórico da elaboración da guía Recursos para persoas migrantes. Trátase, segundo explicou a edil, dun documento que “axudará ás persoas que nos visitan a moverse pola cidade e a atopar os centro máis relevantes nos que poden solicitar información”. 


A guía recolle as direccións e teléfonos dos servicios municipais, de emerxencias, sanitarios e administrativos cos que conta a cidade de Ferrol. Deste modo, rematou Martínez Montero, “queremos acoller da mellor maneira posible a nosos migrantes”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar