Novas

luns, 13 de xaneiro de 2020

Alerta meteorolóxica de nivel laranxa por refachos de vento de ata 100 km/h e ondas de ata 7 metros para esta noite

O Concello advirte do perigo que supón achegarse ao litoral en previsión de mar combinada do noroeste ata o mércores


A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informou dun fenómeno costeiro de nivel laranxa que afectará á zona de Ferrol a partir das 21 horas de hoxe que se prolongará ata as 5.59 horas do mércores, 15 de xaneiro. Segundo informa, espérase mar combinada do noroeste con ondas de entre 5 e 7 metros. 


O departamento de Seguridade do Concello indica que este fenómeno meteorolóxico afecta principalmente a actividades profesionais marítimas e preto da costa. Entre as súas recomendacións sinala asegurar as embarcacións, estructuras e materiais e lembra o enorme perigo que supón para as persoas achegarse as praias, a costa e a os peiraos por motivos de traballo ou co intención de ver a ondada. 

Ademais, ás 22 horas de mañá martes activase a alerta laranxa por vento ata as 4 da mañá do mércores. Segundo informa a Aemet, na costa de Ferrol espéranse refachos do suroeste de ata 100 km/h. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar