Novas

martes, 14 de xaneiro de 2020

A piscina municipal da Malata pechará a partir das 16 horas a causa da alerta laranxa

A Aemet vén de ampliar o horario do fenómeno meteorolóxico desde esta tarde ata as seis da mañá do mércores


Debido á alerta laranxa por temporal de vento prevista para hoxe, a piscina da Malata e o recinto de spa estarán pechadas desde as 16 horas e durante todo o 15 de xaneiro. O ximnasio e as salas de actividades funcionarán como de costume.  

A Aemet vén de ampliar o horario da alerta, que comezará ás 21 horas de hoxe e rematará ás 6 da mañá do mércores. Espéranse refachos de ata 100 km/h e vento do suroeste. O fenómeno meteorolóxico afecta a traballos e actividades ao aire libre, desprazamentos por rúas e estradas, principalmente a pé, e a estructuras provisionais exteriores. Pola súa banda, o Concello de Ferrol pecha as instalacións deportivas de xestión municipal con actividades ao aire libre e o Cecopal (Centro de Coordinación Municipal de Operativos) está en situación de alerta, ao igual que os grupos operativos dependentes do Concello. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar