Novas

mércores, 05 de febreiro de 2020

O Concello acondiciona o xardín da Praza Camilo José Cela

Os traballos, que comezaron a pasada semana, supoñen aportar terra vexetal, sementar céspede e plantar flor de temporada


O Concello acondiciona o xardín da Praza Camilo José Cela

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Medio Ambiente, que dirixe Ana Lamas, está a acondicionar a zona verde da Praza Camilo José Cela, na que o pasado Nadal instalouse o tradicional Belén iluminado con motivo das obras na Praza de Armas, a súa localización habitual. Os técnicos do departamento iniciaron os traballos a pasada semana, que consisten en aportar terra vexetal, sementar céspede e plantar a flor de temporada. 


Esta semana a concellería está tamén a acometer traballos de aporte de triturado de restos de podas nos xardíns de Praza de Sánchez Barcáiztegui, nas Angustias, co obxectivo de nutrir a terra. Tamén plantouse a flor de temporada no entorno do monolito de Pablo Iglesias. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar