Novas

martes, 11 de febreiro de 2020

Estudantes de óboe, acordeón, piano e frauta travesa representarán ao Concello de Ferrol na VII Mostra Musical do Eixo Atlántico

As cita terá lugar os días 18 e 19 de abril nun encontro que reunirá a cerca de 400 alumnos das escolas municipais de música e conservatorios de municipios galegos e portugueses


Estudantes de óboe, acordeón, piano e frauta travesa representarán ao Concello de Ferrol na VII Mostra Musical do Eixo Atlántico

O Concello de Ferrol ven de seleccionar aos catro estudantes —dous fixos e dous provisionais— que o representarán na VII Mostra Musical do Eixo Atlántico, que terá lugar os días 18 e 19 de abril na cidade. O primeiro é un alumno de óboe (categoría C); o segundo, de acordeón (categoría D); o terceiro, de piano (categoría D); e o carto estuda frauta travesa (categoría C). As idades dos aspirantes da  categoría C van dos 13 aos 15 anos e os da categoría D de 16 a 18 anos. Ás probas de selección celebráronse o pasado venres no Conservatorio Profesional “Xan Viaño” e presentáronse un total de 16 alumnos.  

A mostra terá lugar nun fin de semana nel que Ferrol reunirá a cerca de 400 alumnos das escolas municipais de música e conservatorios dos municipios galegos e portugueses que integran o Eixo Atlántico. O obxectivo é o de recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica da música, apoiando ós músicos intérpretes que polo seu valor e interese poidan contribuír á difusión do gusto pola música de Galicia e do norte de Portugal, favorecendo a innovación, a calidade, a interacción a renovación no panorama musical do Eixo Atlántico. A anterior edición tivo lugar en maio de 2018 en Vila Real (Portugal), participaron 20 cidades e celebráronse 42 actuacións. Desde a súa primeira edición en 2008, a Mostra Musical do Eixo Atlántico consolidouse como unha das actividades máis emblemáticas e transversais nas áreas de educación e cultura. 

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Educación, que dirixe Antonio Golpe,e co apoio da concellería de Turismo, María Teresa Deus, leva meses traballando nesta iniciativa na que colabora activamente o Conservatorio Profesional “Xan Viaño”.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar