Novas

mércores, 12 de febreiro de 2020

Axentes da Policía Local deteñen a unha muller que estaba en busca e captura polo roubo dun vehículo

Era reclamada por un xulgado de Pontevedra e foi localizada no interior dun coche nas inmediacións do Marcide


Axentes da Policía Local detiveron na madrugada de onte a unha muller que estaba reclamada polo Xulgado de Instrucción número 3 de Pontevedra como presunta autora do roubo dun vehículo. Eran as 4.15 horas cando, mentres patrullaban nun coche sen distintivos policiais, detectaron actividade sospeitosa no interior dun automóbil estacionado, polo que se achegaron a el para identificar ás dúas persoas que había dentro, un home e unha muller. No momento no que estaban a revisar a súa documentación, viron como a muller trataba de agochar algo, que resultou ser un pequeno envase de plástico redondo que parecía conter cocaína, polo que lle foi intervido. De seguido, tras remitir a filiación á comisaría, foi cando se comprobou que tiña en vigor unha orde de busca, detención e personación, polo que se procedeu ao arresto e ao seu traslado ás dependencias do Corpo Nacional de Policía. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar