Novas

mércores, 12 de febreiro de 2020

O pleno municipal aproba a subvención á asociación de veciños de Ultramar para a celebración do enterro da sardiña

A moción do grupo municipal do PP relativa á execución do convenio asinado co Ministerio de Defensa foi rexeitada cos votos en contra de PSOE, FeC e BNG e a favor do PP


A sesión extraordinaria do pleno do Concello celebrada esta tarde acordou por unanimidade a incorporación ao anexo de subvencións nominativas do orzamento 2020 da subvención á asociación de veciños de Ultramar para a realización do enterro da sardiña. O segundo punto da orde do día, asunto que quedou sen tratar no pleno ordinario de xaneiro por falta de tempo, foi a moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á execución do convenio asinado co Ministerio de Defensa. Neste caso obtivo os votos en contra de PSOE (7), FeC (3) e BNG (2) e a favor do PP (12). Foi necesaria unha segunda votación na que o alcalde exerceu o voto de calidade, co que quedou rexeitada.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar