Novas

xoves, 13 de febreiro de 2020

O fotógrafo Gabriel Tizón ofrece unha visita guiada pola súa exposición “Vidas” no Torrente Ballester

Dada a boa acollida da mostra, que abriu a finais de novembro, o Concello manteraa aberta ata o próximo 28 de febreiro


O fotógrafo Gabriel Tizón ofrece unha visita guiada pola súa exposición “Vidas” no Torrente Ballester

A exposición fotográfica Vidas, do artista Gabriel Tizón e impulsada polo Concello de Ferrol, abriu ao público o pasado mes de novembro no centro cultural Torrente Ballester. O autor das fotografías realizará mañá venres 14 de febreiro, ás 18 horas, unha visita guiada pola súa exposición. Acompañará aos visitantes que o desexen no seu percorrido pola exposición, contestando dúbidas e comentando a intención das imaxes. Revelará ademais algunhas das historias que agochan as fotografías. Os interesados en participar deben acudir ás 18 horas ao Torrente. 


O seu peche estaba previsto para o día 15 deste mes, pero ante a boa acollida da mostra o Concello vén de prolongarlla ata o 28 de febreiro. Pode visitarse de 11 a 14 horas e de 17 a 21 de martes a sábado e de 11 a 14 os domingos. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar