Novas

xoves, 13 de febreiro de 2020

Eva Martínez presenta o borrador do prego para o contrato do servizo de axuda no fogar nun único lote

A edil explicou que antes da próxima comisión de Benestar Social recibirá as achegas do resto de grupos políticos


A concelleira Eva Martínez Montero, presentou esta mañá na comisión informativa de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio Histórico ao resto de grupos políticos o borrador do prego de prescricións técnicas para a contratación do servizo de axuda no fogar, que a partir de agora se prestara nun único lote. A responsable de Benestar Social explicou que ao longo desta semana recibirá as achegas do resto de grupos da corporación e na comisión da próxima semana poñerán os puntos en común respecto ao futuro documento, que deberá aprobarse en pleno. 


Martínez Montero destacou o “importante traballo” que está a facer a concellería de Benestar Social para sacar adiante o servizo “nun único contrato con un solo lote”, non en dous, como ata agora. Deste modo “optimizaremos os nosos recursos”. 

Na comisión celebrada hoxe tamén se deu conta do borrador da declaración institucional do vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar