Novas

martes, 03 de marzo de 2020

O alcalde e o concelleiro de Cultura visitan a Biblioteca central, que vén de renovar o mobiliario da primeira planta

Ángel Mato e Antonio Golpe interesáronse polo novo material da hemeroteca, a sala de audiovisual e a zona para mozos


O alcalde e o concelleiro de Cultura visitan a Biblioteca central, que vén de renovar o mobiliario da primeira planta

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acudiu esta mañá á Biblioteca central para visitar a remodelación que ven de sufrir a primeira planta do edificio municipal coa nova distribución dos espazos e a adquisición de novo mobiliario. Estivo acompañado polo concelleiro de Cultura e Educación, Antonio Golpe, e a responsable da Biblioteca. 

 
A principios de decembro o Concello comprometeuse a dotar de novo material ao edificio municipal da Praza de España por un importe de case 18.000 euros. Desde hoxe, a primeira andar conta cun espazo dedicado a usuarios desde os 12 anos con 4 andeis, varios puffs, 8 cadeiras e unha mesa. Como novidade, esta zona para adolescentes ten desde hoxe un equipamento audiovisual composto por unha consola, outra mesa e unha televisión. 

O segundo espazo remodelado é a hemeroteca, dotado con 8 novas cadeiras, 2 mesas, 15 novas butacas e varias mesas auxiliares. Por último, a zona audiovisual de adultos dispón de 8 puffs, varias cadeiras e soportes de televisión. 
 
Mato e Golpe interesáronse pola nova distribución da primeira planta e percorreron as tres novas áreas. Ao rematar, o alcalde destacou o esforzo do Concello para que a Biblioteca, que recibe a diario unha media de 600 persoas, siga sendo un polo de atracción para os veciños máis novos e sinalou que coa adquisición do mobiliario os espazos “son agora máis funcionais e confortables para os usuarios”. 
 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar