Novas

mércores, 04 de marzo de 2020

O tráfico verase afectado en varios puntos da cidade mañá a partir das 10.30 horas debido á manifestación convocada polo comité de Navantia

O percorrido, que está previsto que se prolongue durante dúas horas e media, comezará na porta do Arsenal (Taxonera)


A manifestación convocada para mañá polo comité de empresa de Navantia obrigará a desviar o tráfico en diferentes puntos da cidade a partir das 10.30 horas, momento no que está prevista a saída dende a porta do Arsenal na rúa Taxonera. Calcúlase que durará dúas horas e media e pasará por Irmandiños, Rastro, Espírito Santo, paseo da Mariña, estrada Porto-Graña, FE-15, AP-9, FE-13, Ernesto Guerra da Cal, estrada de Castela, Ricardo Carvalho Calero, praza de España, María, Concepción Arenal, praza de Galicia e de novo Irmandiños e Taxonera. Dende a área de Seguridade do Concello establecerase un dispositivo especial para regular a circulación.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar