Novas

xoves, 05 de marzo de 2020

A exposición “Vidas”, do fotógrafo Gabriel Tizón, recibiu no Torrente Ballester máis de 1.300 visitas

A mostra expuxo durante tres meses máis de 60 imaxes captadas polo artista ferrolán en máis de corenta países


A exposición “Vidas”, do fotógrafo Gabriel Tizón, recibiu no Torrente Ballester máis de 1.300 visitas

A exposición Vidas, do fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón, recibiu durante os tres meses que estivo exposta no centro cultural Torrente Ballester un total de 1.315 visitas. A mostra permaneceu aberta ao público del 26 de novembro ao 28 de febreiro e por ela pasaron tamén varios grupos. O propio artista guiou a algún deles, aclarou as dúbidas das persoas que se achegaron ao Torrente Ballester e lles explicou a intención das instantáneas. 


O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e o concelleiro de Cultura e Educación, Antonio Golpe, visitaron a mostra acompañados por Tizón días antes do peche da exposición. 

Vidas recolleu imaxes captadas polo fotógrafo ferrolán en máis de corenta países. Céntranse en persoas que viven “en condicións que ningún ser humano debería vivir”, segundo o fotógrafo. Dentro destes “inocentes”, o autor puxo a súa mirada especialmente nos nenos e nenas. As fotografías serven para “recordar e amosar á cidadanía que existen” e tamén para “loitar contra a tortura do esquecemento”. A exposición constou de 66 fotografías de 60x40 centímetros e seis máis de gran formato, de 200x150. Tamén incluíu a exhibición do documental O silencio das persoas refuxiadas, realizado por Tizón na chamada ruta dos Balcáns ao longo dos últimos tres anos.  
 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar