Novas

venres, 06 de marzo de 2020

Un novo técnico cultural incorporarase nas próximas semanas ao persoal do Concello

O concelleiro de Educación e Cultura, Antonio Golpe, informou na comisión desta mañá da cobertura da nova praza


O concelleiro de Educación e Cultura, Antonio Golpe, deu conta na comisión informativa de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas celebrada esta mañá no pazo municipal do proceso de selección relativo ao novo técnico de Cultura, que se incorporará ao persoal do Concello nas próximas semanas tras un procedemento de selección para a cobertura dunha praza de técnico de xestión adscrito á área de Cultura mediante concurso-oposición. 


Na comisión de hoxe tamén se deu conta da XXVII edición da Gala do Deporte, que terá lugar no Auditorio de Ferrol o día 2 de abril. Nun acto institucional entregaranse as distincións aos mellores deportistas ferroláns da temporada. 
 
O concelleiro tamén explicou as actuacións relativas a Festa das Pepitas para este ano, que terá lugar o 18 de marzo. Trátase dunha cita declarada Festa de Galicia de Interese Turístico. 
 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar