Novas

venres, 06 de marzo de 2020

Ángel Mato na plantación polo 8M: “mostramos o noso rexeitamento a algo insoportable”

O alcalde presidiu esta mañá o homenaxe ás mulleres asasinadas por mor da violencia machista e a plantación de roseiras con motivo da celebración o domingo do Día Internacional da Muller


O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, presidiu esta mañá a homenaxe ás mulleres asasinadas por mor da violencia machista, 13 en 2020, e participou na plantación de roseiras con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, no monumento á escritora Concepción Arenal coa música da violinista Iria Rico de fondo. A continuación, a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, leu a declaración institucional e gardouse un minuto de silencio.

 
O rexedor, acompañado por varios membros da corporación municipal, desexou que nunca máis teñan que celebrarse minutos de silencio porque non haxa ningún asasinato máis e recalcou que todos “mostramos o noso rexeitamento a algo insoportable, a violencia machista”. Poucos minutos despois colocouse a bandeira feminista no balcón do Teatro Jofre, onde terá lugar esta tarde, ás 20 horas, a tradicional gala polo 8M. Lola Álvarez recibirá o galardón deste ano. 
 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar