Novas

sábado, 07 de marzo de 2020

O martes abre o prazo de inscrición para os campamentos Peque-Educa en igualdade de Semana Santa

O Concello de Ferrol ofrece 40 prazas para o do rural, que se desenvolverá na asociación de vecinos de Esmelle, e 50 para o urbano, que se levará a cabo na ludoteca de Praza de España


O Concello de Ferrol, a través da concellería de Igualdade, que dirixe Cristina Prados, pon en marcha unha nova edición dos campamentos PequeEduca de Semana Santa os días 6, 7 e 8 de abril. Desenvolverase un de 40 prazas na zona rural, na asociación de veciños de Esmelle, e outro no centro da cidade para 50 nenos, que terá lugar na ludoteca de Praza de España. Están dirixidos a pequenos empadroados no municipio de entre 3 e 13 anos. 

O horario ordinario será de 9:30h a 13:30h e o ampliado de 8:30h a 14:30h. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol en horario de 9 a 14h do 10 ao 16 de marzo, ambos os dous incluídos, e a adxudicación das prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. 

A listaxe provisional de solicitudes publicarase o 23 de marzo no Rexistro Xeral do Concello e no Taboleiro de Anuncios da web municipal (www.ferrol.gal). O prazo para as reclamacións será desde o 24 ao 30 de marzo, ambos os dous incluídos. 
 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar