Novas

luns, 09 de marzo de 2020

O alcalde recibe o Colar de Ouro da Asociación de Restaurantes Buena Mesa

Ángel Mato, recibiu no salón de plenos do pazo municipal a máis de 130 membros da entidade, que aglutina a máis de 60 establecementos de todo o territorio español


O alcalde recibe o Colar de Ouro da Asociación de Restaurantes Buena Mesa

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, recibiu esta mañá no salón de plenos do pazo municipal a máis de 130 membros da Asociación de Restaurantes Buena Mesa, unha entidade que aglutina a máis de 60 establecementos de todo o territorio español. O rexedor estivo acompañado polas concelleiras de Turismo, María Teresa Deus; de Benestar Social, Eva Martínez Montero; e membros dos grupos municipais da oposición. Ao acto tamén acudiu Julio Martínez, do restaurante O Parrulo e membro da asociación. 
 
O presidente da entidade, Adolfo Muñoz, entregou o Colar de Ouro, máxima distinción da asociación, ao alcalde, e destacou os numerosos “escenarios por descubrir” cos que conta Ferrol. Mato deulles a benvida á cidade e agradeceu o regalo. Lembroulles o orixe da cidade e repasou o seu patrimonio histórico, naval e cultural. A cociña ferrolá é, dixo, “un dos mellores elementos da marca da nosa cidade”. Os nosos profesionais “coidan a elaboración dos pratos, a calidade dos productos e a atención ao cliente”. Por elo, “estou seguro de que nesta visita descubrirán outros moitos establecementos para a súa asociación” que, dixo, “constitúe un referente dentro da gastronomía española”. 

Ao rematar, Ángel Mato entregou ao presidente da asociación a figura da peixaría do mercado da Magdalena e a todos os asistentes o libro Baixo as mesmas nubes, da ilustradora Elga Fernández.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar