Novas

luns, 09 de marzo de 2020

A Mancomunidade opta a un novo programa de emprego destinado a cen mulleres

Vén de solicitar unha subvención de 225.000 euros, coa que se lle daría continuidade ao PIE 2019-2020 este ano e o próximo


A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol está a poñer as bases para darlle continuidade ao Programa Integrado de Emprego que actualmente ten en curso. Esta tarde déuselle conta ao pleno dunha solicitude de subvención á Xunta de Galicia para poñer en marcha un novo PIE a finais deste ano. O importe ascende a 225.000 euros, que servirán para financiar o 90 % deste proxecto, destinado a mulleres sen traballo inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. As prazas distribuiranse entre desempregadas con discapacidade (5), en risco de exclusión social e beneficiarias do tramo de inserción da risga (8), vítimas de violencia de xénero (7), menores de 30 anos con baixa cualificación (20), menores de 30 anos cualificadas (21), maiores de 45 (11), perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (25) e inmigrantes (3). 


As accións desenvolveranse en oito concellos. No caso de Ares, ao que lle corresponden 7 prazas, será na Casa de Xuventude; en Cabanas (4), no edificio da Escola Laica; en Cedeira (7), No centro Sociocultural; en Fene (15), na Nave de Formación; en Mugardos (6), no Centro de Formación Francisco Vizoso; en Narón (47), no Centro de formación irmás Froilaz; en Neda (6), na Casa da Cultura, e en Valdoviño (8), na Casa do Concello. Como obxectivo de inserción laboral márcase unha taxa mínima do 35 %. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar