Novas

martes, 10 de marzo de 2020

Últimas entradas para o concerto de James Rhodes do día 21

O pianista británico chega a Ferrol para conmemorar os 250 anos do nacemento do músico alemán Ludwig van Beethoven


Últimas entradas para o concerto de James Rhodes do día 21

 Xa están case todas as entradas vendidas para o concerto do pianista británico James Rhodes, que actuará no Auditorio de Ferrol o 21 de marzo, ás 21 horas. Poden adquirirse a través de Ataquilla.com e no despacho de billetes do Teatro Jofre de martes a venres de 11 a 13h e de 18 a 20h. Sábados, domingos e festivos de función abrirá pola mañá de 11 a 13h e pola tarde dende dúas horas e media antes do inicio da mesma. 


Ferrol é unha das cidades elixidas polo músico inglés, afincado en Madrid desde 2017, para conmemorar os 250 años do nacemento de Ludwig van Beethoven. Rhodes interpretará nun concerto de 90 minutos tres obras do músico alemán: sonata nº 16 in D major Op. 28, Pastoral; sonata nº 27 in E minor Op. 90, e sonata nº 21 in C Op. 53 Waldstein. Farao co seu particular estilo, co toque persoal que pon en cada unha das súas actuacións coa intención de desfacer o halo de solemnidade que envolve á música clásica e achegala ao gran público. 

Monicreques para público familiar 
A oferta cultural do Concello de Ferrol ten programada para esta fin de semana a actuación Animales, da compañía El Retablo e dirixida ao público familiar desde os tres anos. Trátase dun concerto de pequenas historias que viran en torno ao mundo animal. Obxectos, elementos e materiais diversos transfórmanse en animais, seres animados cuxas formas, cores, sons, ritmos e movementos debuxan variadas partituras escénicas que cativan e asombran a pequenos e maiores. As entradas custan 3 euros e poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Jofre. 

Narración para todos os públicos 
A cidade acolle esta semana o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, que terá lugar entre os días 12 e 14 de marzo. A Biblioteca municipal de Praza de España e o centro cultural Torrente Ballester celebrarán varias sesións de contacontos para pequenos e adultos da voz dos mellores narradores de historias. As entradas, de balde, poden retirarse no mostrador da Biblioteca e no despacho de billetes do Teatro Jofre para as sesións no Torrente. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar