Novas

xoves, 12 de marzo de 2020

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor atendeu o pasado ano preto de 1.000 consultas

O concelleiro de Sanidade e Consumo, Germán Costoya, explicou os principais motivos das reclamacións realizadas na OMIC, que ten a súa sede no mercado de A Magdalena


A Oficina Municipal de Información ao Consumidor atendeu o pasado ano preto de 1.000 consultas

O concelleiro de Sanidade e Consumo, Germán Costoya, explicou esta mañá a actividade desenvolvida ao longo do pasado ano pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello de Ferrol, que rexistrou en 2020 preto de 1.000 consultas. O edil deu a coñecer os principais motivos que levou aos veciños a acudir á dependencia municipal, localizada no mercado central de A Magdalena. 


A poucos días do Día Internacional do Consumidor, o próximo 15 de marzo, o concelleiro explicou que 303 reclamacións estiveron relacionadas coas telecomunicacións, 88 con empresas suministradoras de electricidade e gas, 66 vinculadas coa contratación de seguros e 47 con xestións en bancos. O resto, explicou, motiváronse por diversos motivos, desde a adquisición dunha lápida ata reclamacións por un servizo nun centro de estética, viaxes, alimentos en mal estado o por compras a través da red. Por meses, o pico máis alto de consultas na OMIC foi en maio, con 113, seguido de xulio, con 93. Xaneiro, con 36, foi o mes con menos visitas á oficina municipal. 

O concelleiro encomiou a labor desenvolvida polos traballadores da OMIC e destacou que os veciños de Ferrol “están moi ben atendidos” a través deste servizo municipal, que presta tanto asesoramento previo á adquisición do producto como axuda na tramitación das reclamacións. 

Costoya lembrou que o obxectivo da OMIC é promover os dereitos fundamentais de todos os consumidores para que sexan respectados e protexidos. “Seguimos traballando para mellorar o servizo”, dixo, porque “un consumidor ben informado é un consumidor protexido”. 

Convenio con Adicae e o colexio de Avogados 
O concelleiro anunciou que desde a concellería de Consumo están a analizar o establecemento dun convenio coa Asociación de Usuarios de Bancos Cajas e Seguros (Adicae) para que os seus profesionais impartan charlas informativas tanto ao persoal da OMIC como aos veciños da cidade. Ademais, o edil vén de iniciar conversas co Colexio de Avogados de Ferrol para afrontar as reclamacións por un importe superior aos 2.000 euros. Nestes casos, explicou Germán, é necesario contar coa firma dun xurista. 

O horario de atención cidadá da OMIC é de luns a mércores de 9 a 14 horas con cita previa e os teléfonos de contactos son 981 944 150 e 981 944 151. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar