Novas

venres, 01 de maio de 2020

Os vehículos municipais de xardinería e limpeza súmanse á desinfección con ozonizadores

A concelleira de Obras e Medio Ambiente, Ana Lamas, explicou que a utilización destes aparatos, con capacidade para tratar áreas de ata 15 metros cadrados, supón un “notable incremento na seguridade do persoal que coida da nosa cidade”


O Concello de Ferrol vén de incorporar ao plan de desinfección mediante aparatos ozonizadores os vehículos que a diario utilizan os empregados dos servizos municipais de xardinería e limpeza da concellería de Servizos, da que é titular Ana Lamas. 


A mediados deste mesmo mes comezaron a funcionar nas bases da Policía Local, do Corpo de Bombeiros e de Protección Civil unha ducia destas máquinas para a desinfección tanto das dependencias coma dos vehículos que emprega o persoal de seguridade e emerxencias. Estes equipos foron adquiridos polo Concello tras o inicio da epidemia do covid-19 para incrementar todo o posible as medidas hixiénicas contempladas no protocolo que se puxo en marcha dende os primeiros días da crise. Así, ademais dos traballos diarios de limpeza e desinfección dos vehículos, estes novos aparatos, con capacidade para tratar áreas de ata 15 metros cadrados, están destinados a ese mesmo cometido. Desde hai uns días, explica Lamas, tamén os vehículos de xardinería e limpeza desinféctanse mediante estes aparatos ozonizadores. A súa utilización, engade, supón un “notable incremento da seguridade do persoal que a diario coida da nosa cidade”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar