Novas

luns, 04 de maio de 2020

O Concello inicia os traballos de rozas e limpeza de cunetas nas vías da zona rural

A concelleira Ana Lamas detalla que a primeira fase destes traballos afectará a un total de 23 quilómetros de gabias


O Concello inicia os traballos de rozas e limpeza de cunetas nas vías da zona rural

O Concello de Ferrol retomou hoxe a roza e limpeza de gabias na zona rural, dentro da programación da área de Servizos, Obras, Medio Ambiente, Zona Rural e Participación Cidadá para este tipo de traballos. Continúan así as labores de mantemento de cara á primavera, que dependen do departamento que dirixe a concelleira Ana Lamas. 


Nunha primeira fase, que esta mesma mañá comezou en diferentes puntos de Santa Icía, Mandiá, Marmancón e Covas, estanse despexando as cunetas, un labor que nos próximos días está previsto que cubra ata 23 quilómetros, segundo detallou a edil, e que servirá para a correcta evacuación de augas. A continuación, a partir do día 18 deste mes, levarase a cabo o segundo programa de roza de vías correspondente a este ano, co que se garantirá a visibilidade e unha maior seguridade nos camiños e estradas de titularidade municipal. 

Para a elección das zonas nas que se vai traballar, o Concello tivo en conta as achegas realizadas pola cidadanía a través do tecido asociativo do rural, ao que Lamas lle agradece a súa participación, xa que a información que lle chegou á Administración local a través desta canle servirá para optimizar os resultados. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar