Novas

martes, 05 de maio de 2020

O Concello retomará mañá as comisións informativas coa celebración da de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación

O presidente, o concelleiro Julián Reina, explica que na reunión se abordarán asuntos coma o impulso da contratación, da concesión de licencias e da obra pública como medios de estímulo económico de cara ao final do estado de alarma


O Concello retomará mañá as comisións informativas coa celebración da de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación

O Concello de Ferrol retomará mañá, 6 de maio, a celebración de comisións informativas, suspendidas dende o 14 de marzo debido ao estado de alarma. A primeira será a de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación, presidida polo concelleiro Julián Reina, que indica que, despois de mes e medio, é preciso comezar a recuperar o normal funcionamento da Administración municipal. Esta primeira reunión servirá, en primeiro termo, para que os concelleiros do grupo de goberno informen “de maneira pormenorizada” sobre a xestión das súas respectivas áreas durante a crise epidémica causada polo coronavirus. Tamén para que avancen diferentes propostas de cara ao proceso de desescalada e as súas fases, que porán en común co resto de membros da comisión. Por último, darase conta das licencias outorgadas e informadas polo departamento de Urbanismo. 


Desta orde do día, Reina destaca que servirá para pór en común e analizar fórmulas de estímulo destinadas aos sectores aos que afectan os asuntos que trata esta comisión informativa. Por exemplo, o impulso da contratación e da concesión de licencias, ademáis do fomento da obra pública como parte do “plan de choque” que o Concello está a sacar adiante. 



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar