Novas

mércores, 06 de maio de 2020

Autónomos e pequenas empresas afectados pola crise da covid-19 poden consultar toda a información sobre as axudas municipais na web do Concello

O prazo de solicitude abrirase ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia


Autónomos e pequenas empresas afectados pola crise da covid-19 poden consultar toda a información sobre as axudas municipais na web do Concello

O Concello acaba de poñer a disposición da cidadanía na súa páxina de Internet toda a información sobre as subvencións a autónomos e pequenas empresas aprobadas no último pleno extraordinario. Trátase de axudas ás que poden acollerse aqueles negocios afectados pola crise da covid-19 segundo uns requisitos que constan nas bases reguladoras, publicadas no Boletín Oficial da Provincia do martes 5 de maio. 


A web municipal dispón dende hoxe dun apartado destacado co epígrafe Axudas PAME (Plan de Mellora para a Empregabilidade) que reúne información xeral, un vídeo resumen sobre as axudas, as bases reguladoras, un listado da documentación necesaria, un modelo de documento de designación de conta bancaria, unha guía para a sinatura electrónica de documentos, unha guía para a presentación telemática, un borrador de fomulario de solicitude, un borrador de declaración xurada e un modelo de representación. 

Ademais, habilitáronse apartados de preguntas habituais e púxose a disposición unha dirección de correo electrónico a través da que se pode pedir información. É a seguinte: axudaspame@ferrol.es. 

Os formularios para a tramitación estarán dispoñibles cando se abra o prazo de presentación, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. A partir desa data, os interesados disporán de 20 días hábiles para enviar a documentación necesaria para poder optar ás axudas. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar