Novas

mércores, 06 de maio de 2020

O alcalde recolleu esta tarde na Delegación do Goberno 10.000 máscaras de protección

O Concello repartiraas nos próximos días entre os establecementos comerciais que estean abertos ao público


O alcalde recolleu esta tarde na Delegación do Goberno 10.000 máscaras de protección

O alcalde, Ángel Mato, recolleu esta tarde na Delegación do Goberno en Galicia 10.000 máscaras de protección que o Concello distribuirá ao longo dos próximos días. A subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, foi quen lle fixo entrega destes equipos que xa foron trasladados ao centro loxístico creado no antigo Hospicio ao inicio da crise epidémica da covid-19. 


O departamento de Seguridade, que dirixe o concelleiro Germán Costoya, encargarase do reparto, que está previsto que chegue aos establecementos comerciais que están abertos ao público. Estas entregas únense ás que Policía Local, Bombeiros e voluntarios de Protección Civil estiveron a facer en diferentes ocasións ao longo das últimas semanas entre centros hospitalarios, institucións sociais, traballadores de servizos esenciais e, entre outros colectivos, usuarios do transporte público.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar