Novas

xoves, 07 de maio de 2020

O Concello abre o prazo de presentación de ofertas para a dirección de obra das envolventes das rúas Ares e Betanzos

Esta nova fase de rehabilitación no barrio de Recimil forma parte dos investimentos financeiramente sostibles


O Concello de Ferrol publicou hoxe a primeira hora da tarde, na Plataforma de Contratación do Sector Público, dúas novas licitacións coas que continúa a tramitación dos proxectos con cargo a investimentos financeiramente sostibles que afectan ao barrio de Recimil. En concreto, trátase, por unha banda, do servizo de dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de rehabilitación da envolvente da edificación sita na rúa Betanzos 1-8, e por outra, do servizo de dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de rehabilitación da envolvente da edificación sita na rúa Ares 1-2. No primeiro caso, o importe é de 72.165,67 euros, mentres que no segundo é de 17.233,15. Tanto nun coma outro, o prazo de presentación de ofertas conclúe o próximo 22 de maio. 


Ambas actuacións suman un orzamento que supera os 1,7 millóns de euros e nestes momentos atópanse en proceso de avaliación, logo de que o período de presentación de ofertas concluíra a principios de febreiro. A licitación das direccións de obra supón un novo paso para a execución destes dous proxectos incluídos polo goberno municipal nos investimentos financeiramente sostibles, que o pleno da corporación aprobou a finais do ano pasado.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar