Novas

xoves, 07 de maio de 2020

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol maniféstase en apoio do persoal de Noa Madera Creativa

Os representantes dos nove municipios que forman parte do organismo analizaron as medidas para a volta paulatina á normalidade tras o estado de alarma declarado o 14 de marzo


A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol maniféstase en apoio do persoal de Noa Madera Creativa

Os nove concellos da Mancomunidade acordaron subscribir na reunión que mantiveron onte un manifesto institucional de apoio á empresa Noa Madera Creativa, polo mantemento dos postos de traballo e en contra da súa precarización. 


Ademais do anterior, na reunión mantida polos representantes dos concellos mediante videoconferencia, analizáronse conxuntamente as medidas relacionadas coa desescalada do estado de alarma e co apoio aos sectores e persoas máis prexudicados economicamente pola situación. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar