Novas

domingo, 10 de maio de 2020

Aumentan os horarios dos autobuses urbanos e interurbanos a partir de mañá luns

A concesionaria indica que as novas frecuencias supoñen un incremento significativo respecto ás actuais, reducidas polo estado de alarma


Aumentan os horarios dos autobuses urbanos e interurbanos a partir de mañá luns

Os horarios dos autobuses urbanos e interurbanos de Ferrol cambiarán a partir de mañá, luns 11 de maio. Alsa, a empresa concesionaria, indica que as novas frecuencias supoñen un importante aumento respecto á actual oferta. A compañía reduciu o pasado 18 de marzo o cadro dos autobuses como consecuencia da declaración do estado de alarma, pero coa entrada de Galicia na fase 1 do proceso de volta á normalidade, comezan a recuperase parte dos servizos que estaban suspendidos ata agora. 


Desde o Concello de Ferrol, a través da concellería de Participación Cidadá, que dirixe Ana Lamas, comunicáronselles esta fin de semana ás asociacións veciñais da cidade e do rural os novos horarios habilitados pola compañía. Ademais, a cidadanía poderá consultalos na páxina web municipal, ferrol.gal. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar