Novas

domingo, 10 de maio de 2020

O Concello reactivará mañá luns o punto limpo e xa se poderá solicitar cita para a recollida de voluminosos

O horario para depositar grandes elementos no establecemento da estrada de Catabois será de 10 a 13 horas e de 16 a 19.30 horas, e os sábados de 10 a 13 horas. Ana Lamas anunciou que para solicitar o servizo de retirada de aveños, suspendido temporalmente polo estado de alarma, pode chamarse a partir do luns ao número 981 326 900


O Concello reactivará  mañá luns o punto limpo e xa se poderá solicitar cita para  a recollida de voluminosos

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Obras e Servizos, que dirixe Ana Lamas, reabre mañá luns o punto limpo da cidade, situado na estrada de Catabois (Km 3,7). Dito servizo foi suspendido temporalmente ao inicio do estado de alarma e mañá, coincidindo coa fase 1 da desescalada, retomarase. O horario de apertura ao público será de 10 a 13 horas e de 16 a 19.30 horas. Os sábados, de 10 a 13 horas. 


O punto limpo é unha instalación onde a cidadanía pode depositar de forma gratuíta aqueles residuos que polo seu gran volume ou por ser perigosos requiren un tratamento especial. No seu interior hai cun colector para cada tipo, de forma que os veciños teñan claramente identificado onde deben depositar estes residuos. 

O servizo de recollida devoluminosos tamén foi interrompido pola crise sanitaria. A partir de mañá, 11 de maio, os veciños poderán pedir cita para a retirada no número de teléfono 981 326 900, que comezará a partir do día 18. Neste senso, Lamas pide á cidadanía “paciencia”, posto que tras uns días sen servizo haberá moita demanda. Retomarase de forma “progresiva” e sempre “mantendo as medidas de seguridade entre os traballadores encargados da retirada de voluminosos”, dixo a edil.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar