Novas

luns, 11 de maio de 2020

Aberto o prazo de licitación para a subministración de contedores de recollida selectiva de papel e aceite

A Plataforma de Contratación do Estado publica hoxe o anuncio, cun orzamento base sen impostos de 27.650 euros, para o que se poderán presentar ofertas ata o 26 de maio


A Plataforma de Contratación do Estado publicou esta mañá o anuncio da licitación electrónica do contrato para a subministración de contedores de recollida selectiva de papel-cartón e aceite de cociña para o servizo de retirada de residuos do Concello de Ferrol. O orzamento base é de 27.650 euros (sen IVE) e poderán presentarse ofertas de forma electrónica ata o día 26 de maio. 


O contrato ten por obxecto a contratación da subministración de novos contedores de recollida selectiva coa finalidade de incrementar a dotación do sistema de retirada destes residuos no conxunto do municipio. En total, proporcionaranse 65 contedores de papel-cartón, cunha capacidade aproximada de 1.100 litros, e oito para aceite, de uns 240 litros cada un. O prazo de execución do contrato comezará a contar desde o día seguinte á formalización do mesmo entregando os bens no prazo máximo dun mes. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar