Novas

martes, 12 de maio de 2020

O alcalde de Ferrol, novo membro da Comisión de Relacións Internacionais da Federación Española de Municipios e Provincias

Ángel Mato participou esta mañá na reunión constitutiva do organismo, do que forman parte 25 rexedores de todo o país


O alcalde de Ferrol, novo membro da Comisión de Relacións Internacionais da Federación Española de Municipios e Provincias

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, participou esta mañá na reunión de constitución da Comisión de Relacións Internacionais da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), composta por 25 rexedores de todo o país e da que formará parte como vocal. A comisión estará presidida polo alcalde de Fuenlabrada, Francisco Javier Ayala Ortega (PSOE), mentres que a vicepresidencia ocuparaa o de El Puerto de Santa María, Germán Beardo García (PP). 


Nesta primeira sesión, que se desenvolveu por vía telemática, estableceuse o plan de traballo da comisión para o mandato 2019-2023, constituíronse os grupo de traballo adscritos a ela e fixouse o calendario de celebración de sesións. Tamén se presentaron propostas para a adopción de medidas fronte á pandemia de covid-19. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar