Novas

martes, 12 de maio de 2020

Un total de 24 locais solicitaron xa ampliar as súas terrazas

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, anunciou hoxe que os interesados en instalar máis mesas e cadeiras deben cubrir un formulario que atoparán nos Destacados da web municipal e o departamento estudiará a súa viabilidade caso por caso


Un total de 24 propietarios de establecementos da cidade solicitaron xa ao Concello autorización para colocar máis mesas e caldeiras nas súas terrazas. O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, firmou o pasado venres un decreto polo que se ordenaba a tramitación administrativa preferente e a axilización das solicitudes para incrementar as terrazas ou modificalas de acordo coa ordenanza reguladora das mesmas. Os técnicos do departamento que dirixe Reina, que no día de onte visitaron un total de seis establecementos, estudian de forma individual a viabilidade de cada caso. 


Os donos de locais interesados en solicitar dita ampliación deben cubrir un formulario que atoparán na sección de Destacados (https://www.ferrol.gal/Terrazas/Terrazas) da páxina municipal ferrol.gal. 

O decreto da pasada semana tamén autoriza de forma automática e con carácter xeral aos propietarios dos establecementos a ampliar o espazo o mínimo indispensable para colocar o 50 % das súas terrazas mantendo os dous metros de distancia de seguridade. 

Comisión de terrazas, o venres 
Reina tamén anunciou esta mañá que o próximo venres presidirá unha comisión de terrazas co fin de axilizar todo o posible as autorizacións de quen solicite aumentalas sempre que cumpra a normativa e tamén para coñecer a marcha da apertura dos locais. A partir de agora ditas comisións terán unha periodicidade semanal. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar