Novas

martes, 12 de maio de 2020

Aberto o prazo de licitación para a ampliación do viario de acceso ao cemiterio de Serantes e a reparación de beirarrúas en varias estradas

A Plataforma de Contratación del Sector Público publicou no día de hoxe ámbos anuncios, e a presentación de ofertas deberá facerse de forma electrónica


A Plataforma de Contratación del Sector Público publicou hoxe o anuncio de licitación electrónica da ampliación do viario de acceso ao cemiterio de Serantes, unha obra recollida no POS+2018 (Plan de Obras e Servizos) da Deputación da Coruna. Conta cun presuposto de 227.433,86 euros (con impostos) e poderanse presentar ofertas, de forma electrónica, ata o día 1 de xuño. O prazo de execución da obra é de 4 meses. 


A plataforma tamén publicou hoxe o anuncio de licitación electrónica da reparación de beirarrúas nas estradas da Deputación da Coruna DP-3603, DP-3604, DP3605, DP-3608, DP-3609, DP-3612 por un importe de 139.000 euros (con impostos). A presentación de ofertas poderá facerse de forma electrónica ata o 1 de xuño. Neste caso, o prazo de execución dos traballos tamén é de 4 meses. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar