Novas

domingo, 17 de maio de 2020

O Concello analizou xa 35 solicitudes para ampliar as terrazas

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, presidiu onte a comisión dedicada a estudiar a viabilidade de cada unha das peticións dos propietarios dos establecementos


O Concello analizou xa 35 solicitudes para ampliar as terrazas

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, presidiu onte a comisión de terrazas, que desde o inicio da fase 1 da desescalada ten unha periodicidade semanal precisamente para axilizar o estudio da viabilidade de cada unha das solicitudes presentadas por donos de locais para ampliar ou modificar a distribución das súas terrazas e tamén para coñecer a marcha da súa apertura. 


Un total de 35 propietarios de establecementos da cidade requiriron xa ao Concello autorización para colocar máis mesas e caldeiras na rúa, que foron estudiadas de forma individual na reunión de onte. Tras analizar caso por caso, o departamento que dirixe Reina resolve. 

O edil firmou o pasado 8 de maio un decreto polo que se ordenaba a “tramitación administrativa preferente” e a axilización das xestións destas solicitudes para incrementar ou modificar as terrazas de acordo coa ordenanza reguladora das mesmas. Dito decreto tamén autoriza de forma automática e con carácter xeral aos propietarios dos establecementos a ampliar o espazo o “mínimo indispensable” para colocar o 50 % das súas terrazas mantendo os dous metros de distancia de seguridade. 

Reina explicou que desde a súa concellería se está pendente das novidades respecto á regulación que afecta aos locais en función das distintas fases da desescalada. De igual modo insistiu na necesidade de que “todos respectemos as medidas de seguridade e manteñamos a distancia establecida”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar