Novas

luns, 18 de maio de 2020

O Concello adxudica o contrado do dispositivo de videovixilancia de vehículos para a Policía Local

A reurbanización da rúa de Carmen Curuxeiras, pendente só de que a empresa proposta para adxudicación pola Mesa de Contratación xustifique a baixa da súa oferta económica


O Concello adxudica o contrado do dispositivo de videovixilancia de vehículos para a Policía Local

 A Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ferrol celebrou hoxe a última hora da mañá dous actos públicos para tratar o subministración dun dispositivo de videovixilancia para a Policía Local e a reurbanización da rúa de Carmen Curuxeiras, en Ferrol Vello. 


No primeiro dos casos, o importe de licitación ascendía a 42.350 euros, e foi adxudicado (a falta de que a empresa presente documentación que se lle vai requirir) por 32.549 (IVE incluído). O contrato deberá formalizarse nos 15 días seguintes á notificación, e a partir de aí a adxudicataria disporá de tres semanas para subministrar o dispositivo. Este sistema para a identificación automática de matrículas empregarase nun vehículo de propiedade municipal para que a Policía Local poida captar infraccións por estacionamentos e paradas indebidos. Contará con dúas cámaras capaces de identificar as placas en calquera condición de visibilidade, localizadores GPS e conexión para transmisión de datos en tempo real. A oferta gañadora inclúe unha garantía de 12 meses adicionais sobre os xa especificados no prego de prescricións técnicas. 

O outro asunto tratado esta mañá foi o expediente da reurbanización da rúa de Carmen Curuxeiras, no barrio de Ferrol Vello, que saíu a licitación o pasado febreiro cun importe de 279.940,67 euros (307.934,74 IVE incluído). Neste caso, a adxudicación quedou condicionada a que a empresa xustifique a baixa da oferta económica, de 268.499 euros incluídos os impostos. 

Esta actuación inclúe o mantemento das lousas tradicionais de pedra, que serán repostas, e retirarase o resto do pavimento actual. Todas as instalacións eléctricas, de telecomunicacións e de gas serán soterradas, mentres que se renovarán as canalizacións de abastecemento de auga e de sumidoiros. A iluminación substituirase por puntos LED sobre catenaria, e o mobiliario urbano será renovado por completo.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar