Novas

mércores, 20 de maio de 2020

O Concello failles unha nova entrega de máscaras protectoras aos taxistas e inicia o reparto entre os comerciantes

Esta mesma mañá enviáronselle á asociación Ultramar Village e nos próximos días recibiranas os establecementos de CCA Ferrol A Magdalena e do resto de entidades da cidade


O Concello failles unha nova entrega de máscaras protectoras aos taxistas e inicia o reparto entre os comerciantes

Os concelleiros de Mobilidade, Julián Reina, e de Seguridade, Germán Costoya, encontráronse hoxe cos representantes de Tele Taxi e Radio Taxi para facerlles unha nova entrega de 500 máscaras cirúrxicas, que ambas asociacións distribuirán entre os seus profesionais. Reina quixo pór de manifesto o “esforzo que están a facer os taxistas ao estar expostos para trasladar á xente nos seus vehículos”, polo que o Concello quere contribuír a que corran “o menor risco posible” no exercicio da súa profesión. A finais do mes de marzo o edil xestionou unha primeira entrega de material de protección a este colectivo (que “non deixou de prestar o servizo en ningún momento, incluso polas noites”, agradeceu Reina) á que se sucederon varias máis. 


O Concello tamén iniciou hoxe o reparto de equipos de protección individual (EPI) entre os comerciantes da cidade. A través das asociacións que aglutinan aos negocios deste sector, o goberno local fará chegar as máscaras protectoras aos donos dos establecementos. Esta mesma mañá, a través da concellería de Seguridade e da de Promoción Económica, que dirixe María Teresa Deus, facilitóuselle este material á asociación Ultramar Village. A seguinte en recibilas será o Centro Comercial Aberto Ferrol A Magdalena. O reparto proseguirá ata chegar a todas as asociacións da cidade, que recibirán un paquete de máscaras en función do número de empregados cos que conta cada negocio asociado. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar