Novas

venres, 22 de maio de 2020

Corte do tráfico rodado en Liñares a partir do luns

As obras pola construción dun novo transformador eléctrico para o lugar da parroquia de Brión obrigan a interromper o paso de luns pola mañá a venres pola tarde durante tres semanas


A Policía Local de Ferrol anuncia que a partir do luns, 25 de maio, quedará pechado o paso de tráfico rodado no lugar de Liñares, na parroquia de Brión, debido ás obras que se levarán a cabo para a construción dun novo transformador eléctrico que dará servizo á zona. O corte alargarase durante tres semanas de luns pola mañá a venres pola tarde, mentres que os sábados e os domingos a vía poderase transitar. As alternativas de acceso ao lugar serán por San Felipe, San Cristóbal e O Confurco.  
 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar