Novas

martes, 02 de xuño de 2020

O Concello abre mañá o servizo de préstamo con cita previa da Biblioteca central

Os usuarios deberán solicitar ao centro o material que desexa retirar e o persoal confirmaralles o día e hora da súa retirada


O Concello abre mañá o servizo de préstamo con cita previa da Biblioteca central

O Concello de Ferrol abre mañá mércores, 3 de xuño, o servizo de préstamo con cita previa da Biblioteca municipal central, na praza de España. Os usuarios deberán solicitar ao persoal do centro o material que desexan retirar a través do número de teléfono 981 944 182, o correo electrónico biblioteca@ferrol.es ou mediante o formulario que a partir das 9 horas de mañá estará habilitado na páxina da biblioteca municipal https://www.ferrol.gal/biblioteca/. Ademais, poderase consultar o catálogo en http://catalogo.rbgalicia.xunta.gal.  


O concelleiro de Educación e Cultura, Antonio Golpe, explicou que o persoal bibliotecario será o encargado de confirmar o día e hora no que o usuario poderá acudir a recoller o material, que será entre as 9 e as 14 horas de luns a venres. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar