Novas

venres, 05 de xuño de 2020

A venda ambulante de produtos agrícolas poderá volver a Recimil a partir do próximo luns

Coincidindo co inicio da fase 3 da desescalada, levantarase a suspensión que actualmente pesa sobre os postos autorizados


O Concello de Ferrol, a través da concellería de Mercados, que dirixe Germán Costoya, vén de acordar que a venta ambulante de productos agrícolas de tempada volva ao mercado municipal de Recimil a partir do próximo luns, 8 de xuño, coincidindo co inicio da fase 3 da desescalada. Deste modo levantarase a suspensión que actualmente pesa sobre este tipo de autorizacións con motivo do decreto de estado de alarma. 


Os vendedores deberán respectar os 6 metros de distancia entre os postos, podendo reducirse a 4 entre laterais, e garantir que se poidan manter os dous metros de seguridade entre clientes e entre estes e os vendedores. Ademais, desde a concellería apúntase que os responsables dos postos deberán ser especialmente escrupulosos coa limpeza dos mesmos e non deberán acumular os refugallos nas inmediacións, debendo depositalos, tan pronto como se produzan, nos depósitos do lixo. Pola súa parte, os compradores non poderán manipular os productos á venda. 

Tanto a Policía Local como o departamento de Seguridade supervisarán o cumprimento destas medidas, así como a correcta distribución dos postos. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar