Novas

venres, 05 de xuño de 2020

O Concello amplía o horario de atención ao público en Estatística

A concelleira responsable de Economía e Facenda, María Teresa Deus, indica que a partir do próximo día 15 de xuño atenderase ademais dos mércores, os luns


O Concello amplía o horario de atención ao público en Estatística

O Concello de Ferrol amplía o horario de atención ao público con cita previa do servizo municipal de Estatística, que ata agora recibía aos usuarios os mércores. A partir do próximo 15 de xuño, tamén o fará os luns, tal e como anunciou a concelleira de Estatística, Economía e Facenda, María Teresa Deus. Poderá solicitarse cita previa no número de teléfono do Concello (981 944 000) de luns a venres de 9 a 12 horas. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar