Novas

venres, 05 de xuño de 2020

O Concello limita a Senda 8.000 á avenida do Mar e Irmandiños desde mañá

Púxose en marcha o pasado 9 de maio nunha acción coordinada entre as concellerías de Seguridade, que dirixe Germán Costoya, e de Mobilidade, da que é titular Julián Reina, co fin de poñer a disposición dos veciños da cidade o maior espazo posible para as súas saídas


O Concello limita a Senda 8.000 á avenida do Mar e Irmandiños desde mañá

O Concello de Ferrol limita a Senda 8.000 —o paseo peonil que se activas as fins de semana desde a avenida do Mar ata a Malata— a dita avenida e a rúa dos Irmandiños a partir de mañá sábado, 6 de xuño. O avance na desescalada, o aumento das franxas horarias para pasear e a posibilidade de realizar desprazamentos levou ao goberno local a limitar os cortes de tráfico rodado que supoñía inicialmente a Senda 8.000, que se habilitou nun momento no que o movemento das persoas estaba máis limitado e “a demanda por parte da cidadanía era moi elevada”, explicou o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya. 


Na actualidade, sen embargo, “reduciuse moito”, polo que desde a tarde de mañá ata a noite do domingo quedará cortado o acceso pola avenida do Mar e un dos carrís de Irmandiños para o paseo de peóns. O resto seguirá aberto ao tráfico de vehículos. 

Traballo coordinado entre departamentos 
O plan púxose en marcha de forma coordinada entre as concellerías de Seguridade, que dirixe Germán Costoya, e de Mobilidade, da que é titular Julián Reina, co fin de poñer a disposición dos veciños da cidade o maior espazo posible para os paseos permitidos nos horarios establecidos polo Goberno central. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar