Novas

sábado, 06 de xuño de 2020

Corte de tráfico na avenida de Santa Mariña por unha reparación na rede de saneamento

A intervención terá lugar entre os días 8 e 14 de xuño


Corte de tráfico na avenida de Santa Mariña por unha reparación na rede de saneamento

A empresa mixta de augas de Ferrol (Emafesa) informa que debido á necesidade de realizar unha reparación do colector na rede de saneamento na avenida de Santa Mariña, no cruce con Casal dos Ovos, é necesario cortar o acceso de vehículos no carril dereito en dirección á estrada de Catabois. O acceso quedará sinalizado mediante semáforos e sinais de obra. A intervención terá lugar entre os días 8 e 14 de xuño. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar