Novas

sábado, 06 de xuño de 2020

O concelleiro de Urbanismo visitou o tanque de tormentas da Cabana cos responsables da obra e con representantes veciñais para comprobar a evolución dos traballos

Reina interesouse polo remate final da actuación, incluída a reposición de pavimentos, o mobiliario urbano e o arboredo afectado pola construción do depósito xunto ao paseo


O concelleiro de Urbanismo visitou o tanque de tormentas da Cabana cos responsables da obra e con representantes veciñais para comprobar a evolución dos traballos

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, visitou esta semana as obras do tanque de tormentas da Cabana, unha infraestrutura que forma parte do proxecto de saneamento da Malata e que afecta a unha parcela situada a carón do paseo marítimo. Os responsables dos traballos, dependentes de Augas de Galicia, explicáronlle in situ como se está a levar a cabo unha actuación que se prevé que poida estar concluída a finais do verán. O edil analizou con eles o remate final do que será a zona verde, incluídas diferentes alternativas en canto a reposición de pavimentos que resulten afectados, a colocación de mobiliario urbano na zona e a plantación de varios árbores para substituír os exemplares que foi necesario talar. 


Reina aproveitou este encontro para facer partícipe de todos estes aspectos á asociación veciñal da Cabana. Dúas representantes da entidade coñeceron de primeira man o xeito no que se van desenvolver os traballos durante o verán, ata que a cidadanía poida volver gozar dun espazo especialmente transitado polos viandantes. Ambas puideron comprobar sobre os planos a distribución dos futuros bancos de pedra continuos, que bordearán o peche da nova instalación, e outros elementos, así como os puntos polos que se habilitarán accesos para as labores de mantemento do tanque. Ademais, recibiron as explicacións dos técnicos. O concelleiro de Urbanismo comprometeuse con elas a estudar a viabilidade de instalar máis mobiliario, incluída unha fonte próxima ao paseo.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar