Novas

luns, 08 de xuño de 2020

Propostas para adxudicación a reparación de beirarrúas en seis estradas provinciais e a direción de obra das envolventes de Ares 1-2

A Mesa de Contratación Permanente deixou case resolto, só a falta de que a empresa presente documentación, o subministro de casetas de socorrismo para as praias


A Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ferrol tratou esta mañá varios expedientes das concellerías de Servizos, Obras e Urbanismo, varios dos cales se atopan xa nos pasos finais de tramitación. Así, en dita sesión de licitación electrónica, celebrada por vía telemática, propúxose para adxudicación a reparación de beirarrúas nas estradas da Deputación Provincial da Coruña DP-3603, DP-3604, DP-3605, DP-3608, DP-3609 e DP-3612, todas elas repartidas pola zona rural do municipio. Trátase dunha actuación incluída no POS 2018 que conta cun importe de licitación de 114.877,09 euros. A empresa que obtivo a mellor puntuación deberá agora xustificar a baixa da súa oferta respecto desa cantidade. 


Outra das contratacións que quedou lista, á espera de que a firma proposta como adxudicataria presente a documentación requirida polo Concello, foi a que corresponde ao subministro, en réxime de aluguer, de casetas de socorrismo para as praias. O importe de licitación, 9.212,40 euros. 

A reunión serviu tamén para aprobar as actas das sesións do pasado luns nas que se adxudicaron a rehabilitación da envolvente da edificación situada nos números 1-8 da rúa Betanzos (1.465.980,85 euros) e a rehabilitación da envolvente da edificación situada nos números 1-2 da rúa Ares (294.816,74 euros), ambas en Recimil, ao igual que a das melloras no aglomerado da avenida do Mar (200.983,13), tamén adxudicada ese día. 

Por último, propúxose para adxudicación o servizo de dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de rehabilitación da envolvente da edificación situada nos números 1-2 da rúa Ares, que contaba cun importe de licitación de 17.233,15 euros.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar