Novas

martes, 09 de xuño de 2020

As oficinas de turismo abrirán o 22 deste mes

A concelleira responsable da área, María Teresa Deus, lembrou que os locais de Praza de España e do Paseo da Mariña atenden a través do teléfono desde o inicio do estado de alarma


As oficinas de turismo abrirán o 22 deste mes

O Concello de Ferrol abrirá as súas dúas oficinas de turismo na cidade —na praza de España (981 944 251) e no paseo da Mariña (981 944 252)— o próximo 22 deste mes, coincidindo co fin do estado de alarma. Desde que se decretara, o pasado 14 de marzo, ambos locais atenden a través do teléfono as consultas dos cidadáns, tal e como lembrou a concelleira responsable da área de Turismo, María Teresa Deus. As


 oficinas manterán o seu horario habitual. A de praza de España abrirá en xuño todos os días de 9 a 14 horas e de 16.30 a 18.30 horas. En xullo e agosto, tamén a diario, de 9 a 13 horas e de 17 a 19 horas. Pola súa banda, a oficina do paseo da Mariña atenderá ao público en xuño de 8.30 a 14 horas e de 16.30 a 19 horas. En xullo e agosto abrirá de luns a domingo de 8 a 13.30 horas e de 17 a 19.30 horas. 

Polo tanto, explicou a concelleira, ambas instalacións poderán ocuparse das consultas dos turistas tamén de forma presencial a partir do próximo día 22. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar