Novas

martes, 09 de xuño de 2020

O Concello contratará durante nove meses dez peóns, dous albaneis e oito ordenanzas

A edil de Recursos Humanos, María Teresa Deus, explicou que, mediante unha subvención da Administración autonómica, que ascende a 260.013,24 euros, darase traballo a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da risga


A concelleira de Economía, Facenda, Recursos Humanos e Emprego, María Teresa Deus, anunciou esta mañá que o Concello de Ferrol vén de recibir unha subvención da Administración autonómica para contratar de forma temporal a 20 persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da risga (Renda de Integración Social de Galicia). A axuda, que ascende a 260.013,24 euros, irá destinada á contratación de 20 persoas (10 peóns, 2 albaneis e 8 ordenanzas) durante nove meses. 


O Concello de Ferrol presentou a súa documentación o 30 de xaneiro, só un día despois de que se abrise o prazo, dado que a axuda outorgábase por orde de chegada. Coa incorporación temporal destas 20 persoas o Concello busca, por unha banda, “mellorar a prestación dos servizos municipais” explicou a edil, e por outra, “apoiar a reinserción laboral dos beneficiarios”. As contratacións formalizaranse antes de que remate o mes e despois de que o Concello leve a cabo o proceso de selección. Este realizarase entre persoas demandantes de emprego, mediante unha convocatoria no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar